Nombre del autor:angelchacon

Obra diversa

Á sombra de Bouza Panda. Poemario de trincheira e maldizer

O esvaecemento da cultura tradicional galega, a destrución do patrimonio natural, material e inmaterial, a perda da identidade, a memoria, a aculturación, o cambio social ou o turbulento momento económico que vivimos danse cita neste primeiro poemario do antropólogo e economista Rafael Quintía. Unha manchea de poemas agridoces, concibidos como un berro conta a barbarie e como unha trincheira na que parapetarse fronte a un progreso mal entendido e o imparable proceso de destrución da nosa cosmovisión como pobo.

Obra diversa

A Moura que creou o mundo. O mito galego da creación

Neste conto, Rafael Quintía, unindo as diferentes modalidades de lendas de mouras recollidas por todo Galicia, reconstrúe o que podería ser un mito cosmogónico, o mito galego de creación. Coa argamasa da interpretación mitolóxica e algo de literatura e imaxinación naceu así este conto infantil ilustrado por Polo Correo do Vento e que conta, ademais, cun último apartado -Manual da Moura- con textos e fotografías nos que se intenta explicar o mito da Moura aos adultos.

Obra diversa

O Desencantamento. Unha historia de valor e decisión

Brais é un rapaz coma calquera outro rapaz dunha aldea galega. As fins de semana adoita ir co gando a un lugar chamado “Outeiro das Mouras”. Era un lugar estraño, con penedos cheos de debuxos gravados…Quen serían esas mouras que lle daban nome ao lugar?

A poética narrativa de Rafael Quintía xunto as fermosas ilustracións de Miguel Peralta, fan deste un libro único, unha marabilla para os sentidos de nenos, nenas, vellos e vellas que queiran gozar da reconexión coa tradición oral e a mitoloxía galega.

Dende a fermosura narrativa da tradición oral, a colección “Os contos da Moura” busca xerar un novo espazo para a posta en valor da nosa mitoloxía, dos contos e lendas repartidos por todo o territorio galego.

Libros colectivos

Atas das Jornadas das Letras Galego-Portugesas (2015)

Quintía Pereira, R. (2015). “Geografías míticas da Galiza e espaços hierofânicos. Mito, rito e cença”. Atas das Jornadas das Letras Galego-Portugesas 2012-2014 (pp.115-148). Sociedade Antropolóxica Galega. Ourense

Quintía Pereira, R. (2015). “Que é ser celta? Redefinindo um conceito cultural”. Atas das Jornadas das Letras Galego-Portugesas 2012-2014 (pp191-197). Sociedade Antropolóxica Galega. Ourense

Ir al contenido