Conversa en Orgullo Galego: “As alboradas no ciclo festivo da invernía”

Este xoves 17 de febreiro ás 20.30h estaremos en direto no Twitch de Orgullo galego nunha interesante conversa cos amigos Carlos Núñez, Manuel Santos Estévez, Baiuca, Eva Moreda, Jorge Lira e Alberto Jambrina. Unha boa mesa redonda de músicos, arqueólogos, antropólogos, etnomusicólogos e investigadores falando sobre as alboradas no ciclo festivo da invernía. Estades convidados/as. Onde seguilo? www.twitch.tv/orgullogalego . Para ver a conversa non é necesario ter Twitch chega con premer nesta ligazón.
Ir al contenido