Área profesional

Antropólogo profesional e xestor cultural especializado en patrimonio, investigación e docencia

Traballo como antropólogo profesional na empresa AB ORIGINE. Antropoloxía, Produción e Xestión Cultural SLL, da que son socio e xerente. Realizo traballos nos seguintes ámbitos: investigación antropolóxica (etnografía), antropoloxía de empresa, antropoloxía visual, inventariado de bens etnográficos e patrimonio inmaterial, proxectos de posta en valor do patrimonio cultural, interpretación patrimonial, formación e didáctica en temas históricos, antropolóxicos e patrimoniais, produción de contidos culturais, desenvolvemento de proxectos de turismo cultural e patrimonial, deseño e dirección de campos de voluntariado e campamentos, coordinación e guía en viaxes culturais e de coñecemento.

Ademais, son profesor-titor na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), onde imparto as materias de Antropoloxía Social e Cultural, Antropoloxía das Relixións, Antropoloxía Económica I, Psicoloxía Social e Introdución á Ciencia Política I.

Ir o contido
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.